Desde el sábado 19 de febrero, hasta el sábado 5 de marzo, Carballiño pone en marcha su programa festivo para celebrar el Entroido 2022.
Proyecciones de películas, teatro, charangas y pasacalles serán los encargados de ponerle el sonido y la nota de color a la celebración carnavalera de este año.
La animación musical itinerante protagonizará el carnaval local, que mantiene la celebración de la Festa da Cachucha en el Domingo de Piñata
El domingo 6 de marzo y como colofón a la celebración se celebrará la XXVII Fiesta de la Cachucha con degustación de este manjar en los restaurantes y mesones de la localidad. Varias charangas amenizarán la jornada a distintas horas de la jornada.
Este es el reto que se marcaron los alumnos de un centro carballinés Vila do arenteiro #chayanneaprendeteelbaile
Con la idea de inculcar valores y fomentar la integración social han creado un videoclip con la canción Madre tierra de Chayanne, el reto es que el artista los salude en las redes sociales.
A nova tempada da Ruta das Tapas que deseñan a concellería de Turismo e o sector hostaleiro, terá algunhas novidades con respecto ás anteriores. Así, celebraranse dúas rutas cada mes, coincidindo coa primeira e penúltima semana. A primeira ruta comezará na primeira fin de semana de novembro, que estará adicada aos cogumelos e ás castañas.
Outra novidade será o número de mesóns, bares e establecementos hostaleiros participantes. Así, ainda está aberto o prazo para poder adherirse, inscritos é de 22.
Asemade, increméntase a cuantía e o número de premios que se entregarán ao remate da tempada. Isto é posible polo aumento dos patrocinadores que nesta edición 2016-2017 serán: Concello do Carballiño, Extramundi, Centro Comercial Aberto e a colaboración de Aspadisi, que se encargará do reparto de carteis promocionais. Con respecto á tempada pasada, incorpórase como patrocinador o CCA. En total, haberá 2.000 euros en premios, que serán aportados polo concello (1.000), Extramundi (500) e CCA (500). Esta entidade tamén se encargará da edición da cartelería.
Finalmente, co obxectivo de mellorar a calidade dos pinchos que se ofrezan en cada ruta nos distintos establecementos hostaleiros, incrementarase o prezo dos mesmos, que pasarán a costar 2 euros.
Todas estas novidades serán presentadas ao remate do período de inscrición e antes do comezo da primeira ruta.
COMEZA A CONSTRUCCIÓN DUN NOVO MIRADOR SOBRE O RÍO ARENTEIRO NA ZONA DO BALNEARIO
FACILITARÁ O ACCESO PEONIL ENTRE O SENDEIRO E A RÚA DO RÍO AVIA
O Carballiño, 10 de outubro de 2016.- O Paseo do Arenteiro contará a finais deste mes cun novo mirador e acceso peonil entre o sendeiro e a Avenida do Balneario. Estará ubicado no remate da rúa Río Avia, moi preto do Balneario.
Trátase dunha rúa sen saída e cun gran desnivel sobre o sendeiro da ribeira esquerda do Arenteiro, polo que este proxecto, redactado polo arquitecto municipal, cumpre un dobre obxectivo: por un lado, mellorar a seguridade, e por outro, facilitar o acceso entre esta rúa e o paseo do río, ademáis de embelecer o lugar.
Así, a remodelación consiste na construcción dunha praza-mirador, de 2,70 metros de altura sobre o nivel do paseo do río, e de dúas vías de acceso, unha en escaleira pola marxe dereita, e outra en rampa pola marxe esquerda. Tanto a praza-mirador, como a escaleira e a rampa irán recubertas de pedra, e terán unha baranda de ferro. Tamén está prevista a colocación de bancos de forxa e madeira.
Para executar esta obra, que ten un custo global duns 50.000 euros, o concello conta cunha subvención de 40.000 euros da Dirección de Turismo da Xunta de Galicia, segundo un convenio asinado o pasado verán entre o alcalde, Francisco Fumega, e a Directora de Turismo, Nava Castro.
Hoxe realizáronse diversas medicións no lugar do emprazamento deste novo mirador, e as obras comezarán de inmediato, calculándose que poderían estar rematadas a finais deste mes de outubro.
O Carballiño segue en festas a pesares de que o tempo non deixou iniciar as mesmas sen usar o paraugas hoxe inagurarase o alumeado festeiro e teremos amenizando o día dous pases da orquestra OCA
Mañan Venres día de charangas, banda de música Lira de Ribadavia e cara a noite as Orquestras Satélites e Galileo
O Sábado actuarán a Orquestra Claxon e o grupo Wiskhy Barato
O Domingo estará amenizado por a Orquestra Panorama
O Luns vindeiro día das celebracións patronais actuaran Susie Q’s e Gin Toni’s