Nestes días os veciños e visitantes de O Carballiño atopanse con máis de unha das vías principais da vila cortadas o tráfico rodado xa que se está a levar a cabo o proceso de asfaltado dos carriles das vías que soportan a maior parte do tráfico rodado.
Tanto a policía local, como membros de protección civil están a colaborar na reordenación do tráfico, procurando que os atascos e problemas para os usuarios das vías sexan os menores, xa que tramos como os da Avenida 25 de Xullo (N-541), están a soportar moito máis tráfico do habitual.