O Carballiño acolle a segunda proba de Enduro Extremo

O vindeiro fin de semana o Clube Msego Extremo celebra segunda edición do Enduro Extremo, no cal hai xa máis de noventa inscritos para participar na proba. Ademais dos pilotos locais de O Carballiño, estarán presentes grandes pilotos tanto de España como de Europa. Hai que destacar a grande importancia desta proba que é a segunda no ranking nacional.

A proba dará comezo o Sábado 27 as 17:30 desde Pena Cobertoira con una etapa prólogo, o parque pechado será pan Praza Maior as 22:00 horas. O domingo terá lugar a carreira de enduro, serán 17 km de autentico espectáculo.


O Carballiño serguirá sen Orzamentos

Pese a todas a promesas e anuncios feitos por o señor Alcalde Arximiro Marnotes de que ia presentar os presupostos, finalmente vai rematar por segundo ano consecutivo sen ser capaz de presentalos, xa que de presentalos a corporación non tería problema para sacalos adiante dado que gozan dunha maioría absoluta.
Cabe recordar que son os presupostos do ano 2012 prorrogados no longo do tempo.
Dende o grupo municipal do PSdeG, manifestan: «o alcalde demostra unha vez máis que a súa palabra non vale nada porque anunciou moitas veces que ía presentalos» tamén comentaba Francisco Fumega, voceiro deste grupo que, «o inaudito é que un goberno con maioría absoluta en catro anos non sexa capaz de aprobar uns orzamentos, o que ven a demostrar a súa incapacidade»
Dende o BNG nos comentaban que para que quere o alcalde presupostos se non está a investir nada no pobo, que según eles se atopa «paralizado»