Dende onte este e o aspecto que teñen as dependencias de protección civil en Carballiño, o GRUMIR (Grupo municipal de intervención rápida) xa non está a funcionar, nestes momentos calquera emerxencia que puidera ocorrer tería dificultades para ser atendida rapidamente, xa que dependería da presentación de voluntarios que poden estar en calquer lugar e poden estar ou non dispoñibles.
Os traballadores están desde o día 31 de Decembro sen contrato o que provocou que a día 20 de Xaneiro se deixase de facer as guardias habituais de 24 horas. O responsable da agrupación Juan Miguez, comentaba que e difícil calcular o tempo de resposta que se perderá nesta nova situación, pero o que si e certo e que nas emerxencias ese tempo sempre e vital, máis si cabe nestes momentos de meteoroloxía adversa donde o Luns a maña atopabamos varios coches accidentados con motivo do xeo nas inmediacións da biblioteca municipal.