Polo humor de dous

Xavier Deltell e Pepo Suevos, un catalán e un galego, que presentan este novo espectáculo de monólogos no que durante 90 minutos contarannos as anécdotas máis tronchantes da súa vida…sen censura!
Deltell co seu estilo surrealista que o levou á fama como reporteiro de rúa no famosísimo “Crónicas marcianas” e Pepo Suevos coa retranca galega da que levamos anos desfrutando nos escenarios galegos. Ademais, tamén haberá música, bailes, recordos e moitas risas garantidas.

Entradas á venda en woutick, na cafetería A Solaina do Carballiño e na taquilla do auditorio dende 45 minutos antes do comezo do espectáculo.

Duración – 90 minutos
Intérpretes – Xavier Deltell e Pepo Suevos
Idiomas – Galego e castelán
Auditorio municipal Manuel María do Carballiño
Sábado 12 de febreiro 21:00h

NOVA TEMPADA DA RUTA DAS TAPAS

ESTE VENRES COMEZA A NOVA TEMPADA DA RUTA DAS TAPAS CON DEZASÉIS LOCAIS, MÁIS PREMIOS E REBAIXA NO PREZO DOS PINCHOS

A APP «QUEDAMOS DE TAPAS» INFORMA DOS PINCHOS QUE OFERTAN OS LOCAIS HOSTALEIROS PARTICIPANTES

Este venres, 1 de decembro, comeza unha nova tempada da Ruta das Tapas, que contén moitas novedades con respecto ás pasadas edicións. Así, hai máis locais hostaleiros participantes, concederanse más premios, tanto directos como por sorteo, e redúcese o prezo dos pinchos a 1,50 euros. Ademáis, pon en marcha a App QuedamosdeTapas, que se pode descargar para ver nos teléfonos móviles os pinchos que ofrece cada un dos mesóns, bares e restaurantes participantes.

Os locais participantes nesta edicion son Cafetería Roraima, Café-Bar Estate Quieto, Bar Soldado, Casa Pituxo, Café Bar El Caserío, Furancho do Toto, Pulpería-Tapería Plaza, Café-Bar Peñasco, Mesón Os Portales, Cafetería Loft 27, Café-Bar Ningures, Cervecería-Tapería Don Paco, Pulpería-Asador Veracruz, Parrillada San Andrés, Café & Bar Esquina e Pulpería Restaurante Fuchela.

Estes locais ofertarán este venres, 1 de decembro, tapas ao prezo de 1,50 euros (50 céntimos menos que na pasada tempada). A ruta, que nesta xornada está dedicada aos produtos do Nadal, repetirase o venres, 8 de decembro.

Os clientes poderán obter regalos directos como mochilas, mecheiros, bolígrafos portamóbiles, cargadores de móbiles, paraguas, pinchos gratuitos noutros locais, e regalos por sorteo como servizos nos dous balnearios do Carballiño, entradas para os partidos de C.D. Arenteiro e 150 vales de compra nos establecementos do Centro Comercial Aberto por valor de 10 euros cada un. O número total de agasallos é de 2.000.

Francisco Fumega agradeceu a colaboración e implicación do sector hostaleiro nesta iniciativa, dirixida a promocionar a gastronomía do Carballiño e atraer visitantes á vila.

En termos semellantes se manifestaron a xerente do CCA, Noelia Mares, e Cristina Mouriño, representante da adega Pazo Tizón, expresando o seu desexo de que esta edición sexa ainda mellor que as anteriores.

Neste acto amosouse a gran variedade de tapas que se poderá degustar ao prezo de 1,50 euros este venres e o próximo nos locais integrados na iniciativa. Salpicón de mariscos, crema de atún e marisco en follado, bacallau con viño branco do país, lomo recheo con puré e salsa agridulce, vieira ao forno con coliflor e fideua con zamburiñas, son algunhas das propostas destes locais para as primeiras xornadas desta nova tempada da Ruta das Tapas.

Veciños de Piñor rompe co PP

Este Sábado así no lo fixeron saber mediante unha nota de prensa da Agrupación Electoral Veciños de Piñor, por o que abandonan o goberno compartido que mantiñan dende as ultimas eleccións, según o manifesto feito público comunican que o non conseguir resposta as proposicións feitas o Partido Popular, pasan a estar na oposición quedando o Partido Popular gobernando en minoría e abríndo así a posibilidade a unha moción de censura.

Crónicas dunha morte anunciada, xa que os desencontros entre as dúas formacións veñen dandose xa dende pouco despois de iniciarse a lexislatura.

 

RibeiroBlues WineFestival 2017

A inauguración contará coas intervencións do presidente do Consello Regulador do Ribeiro e do alcalde de Castrelo de Miño. O coñecido actor galego Manuel Manquiña exercerá de mestre de cerimonias e presentará a cada unha das 24 adegas participantes.
En todo o recinto tamén haberá postos de street food para degustar a mellor gastronomía.
A partires das 21:30 comezará o festival de blues. A orde das actuacións musicais será a seguinte:
– Greenwater
– Fatzilla
– The Soul Jacket
– Peón Kurtz DJ Set
O sábado 12 de agosto a partires das 21:00 será o turno de:
– Spanish Castle Magic
– Los fabulosos Weekend
– Shirley Davis and the Silverbacks
– Peón Kurtz DJ Set

El fuego visita la comarca de O Carballiño

Un incendio se declaraba en la comarca de O Carballiño en la mañana de hoy concretamente en Gulfar (por la parte de atrás de Dacón).

La instantánea tomada desde el centro de Dacón muestra la espesura de la humareda.

En el trabajaron varios medios aéreos como se pudo observar, entre ellos un Helicóptero y dos hidroaviones.

 

Chayanne apréndete el baile

Este es el reto que se marcaron los alumnos de un centro carballinés Vila do arenteiro #chayanneaprendeteelbaile

Con la idea de inculcar valores y fomentar la integración social han creado un videoclip con la canción Madre tierra de Chayanne, el reto es que el artista los salude en las redes sociales.

Podéis ver y animar el vídeo aquí

Aparatoso accidente de camión en LISTANCO

Aparatoso accidente ocurrido en la N-541 a la altura de Listanco donde un camión se ha salido de la vía incendiándose.

 

O Barco sumase a O Carballiño

O Concello de O Barco de Valdeorras súmase a iniciativa da concellería de Medio Ambiente de O Carballiño por unha vila limpa, o concello de Valdeorras aplícase tanto qeu ten O mesmo lema que se publicóu xa no mes de Febreiro na vila do Orcellón dende a concellería que dirixe Érika Paz.

Cartel concienciador repartido por O Carballiño

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/o-barco-de-valdeorras/2017/04/29/e-can-ti-porco/0003_201704O29C7991.htm

http://somoscomarca.es/el-can-ti-porco-lema-campana-concienciacion-excrementos-caninos/

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com