Archivo de la etiqueta: psoe carballiño

PACO FUMEGA PRESENTA UNHA CANDIDATURA “DE PERSOAS ILUSIONADAS

O candidato do PSdeG á alcaldía do Carballiño, Paco Fumega, presentou hoxe ás 27 persoas que conforman a candidatura que el mesmo encabeza para as Eleccións Municipais do 24 de Maio. A Casa da Cultura do Carballiño foi o escenario de presentación dos candidatos e candidatas, nun acto no que tamén participou o deputado autonómico, Pachi Vázquez, así como alcaldes, voceiros e candidatos e candidatas da comarca.

 Fumega destacou que a lista do PSdeG do Carballiño está integrada por un equipo de persoas  que se presentan a estas eleccións “ilusionadas, con gañas de traballar polos cidadáns e preparadas para gobernar”.

 O obxectivo da candidatura é claro: “recuperar a alcaldía do Carballiño para reconquistar os nosos dereitos, despois de catro anos cun goberno nefasto do PP que o único que fixo foi castigar aos cidadáns con máis impostos e menos servizos”.

 

En palabras do candidato socialista, o PSdeG traballará “para que O Carballiño volva a ser a vila punteira da provincia, un lugar apetecible para vivir, cunha oferta de servizos públicos para os cidadáns, atractiva para o turismo, e cunha dinamización empresarial e industrial axeitada para fomentar o emprego”.

 

A lista que presentan os socialistas do Carballiño destaca pola súa renovación; está integrada case na súa metade por mulleres e na súa meirande parte por profesionais liberais e por conta propia e con estudos superiores.

IMG-20150424-WA0008