Archivo de la etiqueta: monólogos

UN CICLO DE MONÓLOGOS TRAE AO CARBALLIÑO A CINCO DESTACADOS HUMORISTAS

UN CICLO DE MONÓLOGOS TRAE AO CARBALLIÑO A CINCO DESTACADOS HUMORISTAS

Javier Veiga, Xavier Deltell, Quiqué, Manuel Manquiña e Carlos Blanco son os artistas invitados ao primeiro ciclo de humor Carballiño COMEDY, que se desenvolverá durante os meses de febreiro a xuño no auditorio municipal do Carballiño.

A primeira actuación estará protagonizada polo humorista galego Javier Veiga, que foi o primeiro presentador do Club de la Comedia. Será o sábado, 20 de febreiro, ás 21,00 h.

A continuación, ofrecerán os seus monólogos Xavier Deltell, o 19 de marzo; Quiqué, o 16 de abril; Manuel Manquiña, o 14 de maio, e finalmente, Carlos Blanco, o 4 de xuño.

Este ciclo, que é único na provincia de Ourense, está promovido pola compañía MoitaMerda Promocións, con sede en Vigo, e conta coa colaboración da concellalía de Cultura do concello do Carballiño.

Juan Pablo Quintela, representante desta compañía, asegura que estre ciclo é unha clara aposta pola vilas, porque contan cunha oferta cultural menor que calquera cidade, e por iso elexiron O Carballiño.

Asemade, o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, amósase satisfeito por esta iniciativa, que convertirá ao Carballiño nunha referencia a nivel galego. Ademáis, agradece a colaboración do sector hosteleiro, que incluso ofrece un desconto nas consumicións e cenas, coa compra dunha entrada para as actuacións.

As entradas poden reservarse por teléfono, e adquirirse de modo anticipado a través de Internet, ou no restaurante A Fuchela, ao prezo de 10€. Tamén se poderán comprar ao prezo de 12€, en taquilla, antes de cada función.

Foto de Concello do Carballiño.

Posted by Concello do Carballiño on martes, 2 de febrero de 2016