Posted by Novo Cine Leiro 3D on martes, 15 de marzo de 2016
Todas las entradas de: CarballinoTv
Cartelera Novo Cine – Leiro – «Cien años de perdón y KungFu Panda 3»
Posted by Ernesto Romero on lunes, 7 de marzo de 2016
Charla-Coloquio da A.VV. Partovia – «A figura da muller no rural»
O vindeiro sábado día 12 de Marzo,celebraremos no Local Social de As Cavadas unha charla-conferencia sobre «A figura da muller no rural».
Interveñen:
ALICIA GONZALEZ BARREIRO: Veciña de Mudelos, Mestra en Ciencias da Educación Animación Sociocultural (Universidade de Tras os Montes e Alto Douro-Vila Real-Portugal), Experta en Asociacionismo e Voluntariado, Dinamizadora rural e social.
IOLANDA OTERO BARROSO: Veciña de Veiga, Politóloga e Activista en redes e plataformas pola igualdade.
Rillamillas organiza a «Andaina da Igualdade»
O DOMINGO 13 DE MARZO 2016 AS 10 AM. PRAZA MAIOR DO CARBALLIÑO
Posted by Rillamillas Carballiño on domingo, 6 de marzo de 2016
Cartelera Novo Cine – Leiro
Posted by Ernesto Romero on miércoles, 2 de marzo de 2016
O CONCELLO DO CARBALLIÑO LAMENTA O FALLECEMENTO DO DOCTOR LUIS RODRÍGUEZ MÍGUEZ
O CONCELLO DO CARBALLIÑO LAMENTA PROFUNDAMENTE O FALLECEMENTO DO DOCTOR LUIS RODRÍGUEZ MÍGUEZ FOI DISTINGUIDO COA “MEDALLA DE OURO DA VILA DO CARBALLIÑO” EN 1995
O concello do Carballiño lamenta profundamente o fallecemento do doctor Luís Rodríguez Míguez, condecorado coa Medalla de Ouro do Carballiño en novembro de 1995.
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, en nome de toda a corporación municipal e do pobo do Carballiño, expresa á súa dona, á súa filla e ao resto da súa familia as máis sentidas condolencias polo pasamento dunha das personalidades máis salientables de Galicia no estudo e promoción do termalismo, que tivo unha dedicación e unha querencia especial polo Carballiño, e por iso foi distinguido co máis alto recoñecemento a unha persoa que se contempla na normativa municipal.
O doctor Luis Rodríguez Míguez foi o verdadeiro impulsor das Xornadas de Termalismo de Galicia, que se desenvolveron durante moitos anos no Carballiño, dende 1984, e da creación do “Curso Básico de Hidroloxía Médica”, que tamén tivo como sede a vila carballiñesa.
Ademáis, publicou unha obra esencial para o coñecemento da historia e divulgación dos balnearios do Carballiño, como é o “Estudio Histórico Bibliográfico del Termalismo: principales surgencias de la provincia de Ourense”, onde se fai unha mención especial das augas termais do Carballiño, fundamentalmente, do Gran Balneario e do Balneario das Caldas de Partovia.
E foi un árduo defensor da creación do Instituto Termal de Galicia no Carballiño, un soño que, sen embargo, nunca viu cumplido.
Por estas e outras consideracións, que teñen moito que ver coa súa traxectoria profesional, docente e investigadora, pero tamén coa súa vertente humanista, que tanto o caracterizaba, a corporación municipal do Carballiño incoou un expediente de honores para otorgarlle, en sesión extraordinaria celebrada o 30 de novembro de 1995, a “Medalla de Ouro da Vila do Carballiño”. Daquela, era o alcalde Pachi Vázquez, e o acordo plenario, adoptado por unanimidade dos grupos municipais que conformaban a corporación, PSdeG-PSOE, BNG e PP, culminaba unha proposta que fora realizada por Argimiro Marnotes, en marzo de 1995, sendo ainda alcalde.
O potiños y el Concello de Boborás Organizan el «I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE BOBORÁS»
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE BOBORÁShttp://potinos.com/2016/02/i-concurso-de-fotografia-concello-de-boboras/
Posted by O Potiños on domingo, 28 de febrero de 2016
Cartelera Novo Cine – Leiro
Posted by Ernesto Romero on martes, 23 de febrero de 2016
Cartelera NovoCine Leiro
Posted by Ernesto Romero on miércoles, 17 de febrero de 2016
latri.ca, a rede social galega, renóvase.
latri.ca, a alternativa galega a twitter que se publicou na rede en 2010 e segue en marcha, renova a súa imaxe para adaptarse aos novos tempos sen perder a súa esencia inicial, converterse nunha rede social de galegos e para galegos.

Para iso latri.ca renova o seu aspecto e as súas funcionalidades. Mantéñense as conversas en tempo real, as mensaxes privadas e engádense:
- Novo perfil de usuario, con enlaces ás redes sociais, foto de perfil e foto de portada
- Privacidade nas publicacións, é dicir, podes marcar quen queres que vexa as túas publicacións en latri.ca
- Novos emoticonos galegos exclusivos e orixinais. Iremos ampliando os iconos, emoticonos e stickers con imaxes exclusivas
- Irémosche recomendando xente que pode ser do teu interese.
E algunhas funcionalidades máis que imos ir incorporando aos poucos, entre elas unha aplicación para o móbil.

O que sí mellora notablemente nesta nova versión é a rapidez e usabilidade da plataforma que agora permite publicar videos, fotos e enlaces con moita máis facilidade.
latri.ca nace en 2010 como un proxecto que pretendía converterse nunha alternativa galega a twitter sen o límite de 140 caracteres e cun acento galego que se mantén nesta versión nos seus catro idiomas: galego, castrapo, seseo e geada
latri.ca é un proxecto de estati.co, unha axencia web especializada en marketing dixital que se encargou da renovación, optimización e posta en marcha desta nova versión.