RibeiroBlues WineFestival 2017

A inauguración contará coas intervencións do presidente do Consello Regulador do Ribeiro e do alcalde de Castrelo de Miño. O coñecido actor galego Manuel Manquiña exercerá de mestre de cerimonias e presentará a cada unha das 24 adegas participantes.
En todo o recinto tamén haberá postos de street food para degustar a mellor gastronomía.
A partires das 21:30 comezará o festival de blues. A orde das actuacións musicais será a seguinte:
– Greenwater
– Fatzilla
– The Soul Jacket
– Peón Kurtz DJ Set
O sábado 12 de agosto a partires das 21:00 será o turno de:
– Spanish Castle Magic
– Los fabulosos Weekend
– Shirley Davis and the Silverbacks
– Peón Kurtz DJ Set