O PSdG PSOE de O Irixo denuncia que as obras de Restauración Poza en área recreativa en Parada de Labiote deixaron residuos.

A empresa adxudicataria das obras de “Restauración Poza en área recreativa en Parada de Labiote” non cumpriu o contrato administrativo das devanditas obras.

 NON xestionou os residuos resultantes de ditas obras.

 

A pesares diso o Concello de O Irixo recepcionou a obra e abonou á empresa adxudicataria os 21.019,22 euros do coste das obras sen preocuparse do estado das mesmas nin do seu entorno.

 

O voceiro do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou recentemente un REQUERIMENTO, para que ante a gravidade destes feitos, O SR. ALCALDE requira á empresa adxudicataria para que, de forma inmediata, cumpra o contrato administrativo e o proxecto técnico das obras adxudicadas, procedendo á retirada e tratamento de tódolos residuos que están enterrados, depositados e espallados ladeira do monte abaixo no entorno da obra da “Restauración Poza en área recreativa en Parada de Labiote”, e conforme ás melloras polas que se lle adxudicou o referido contrato, e se lle reclamen á empresa adxudicataria as compensacións oportunas polo incumprimento contractual no presente expediente, de non procederse á total retirada de tódolos residuos de dita obra, os visibles e os enterrados e non visibles no entorno, se procederá a dar conta ó Seprona e demáis autoridades competentes para que se depuren as responsabilidades oportunas.

 

Que o pasado 24 de abril de 2015, dictouse PROVIDENCIA DE ALCALDÍA que dicía; “…Vista a necesidade deste Concello de realizar a obra de “Restauración Poza en área recreativa en Parada de Labiote” , obra incluída no Fondo de Compensación Ambiental 2015, é preciso efectuar a contratación dunha empresa que teña a capacidade para a súa execución. O prezo do contrato ascendería á cantidade de 17.371,26 euros, sen IVE, soportando o IVE de 3.647,96 euros, por un orzamento total de 21.919,22 euros…” “…Empresas as que se cursará invitación: 1.- Construcciones Coviastec S.L., Dirección: Coviastec S.L., Ctra de A Rañoa s/n, 32570- Maside, coviastec@ coviastec.com

 

2.- Promociones y Construcciones Cruzval S.L., Arnoia Seca s/n, 32211 – Gomesende (Ourense),cruzvalcovelo@hotmail.com 3.- Excavaciones P. Prol S.L., Vial 2, Parcela 26, Parque empresarial, 32792 – Pereiro de Aguiar (Ourense), pedroprol@hotmail.com 4.- Construcciones M. Costa Lousado SLU, c/ Rio Barra nº 2 – bajo (esquina Rio Limia), cp 32001 – Ourense, admon@mcosta.net…”.

 

Os socialistas, que están inmersos na revisión dos expedientes de tódalas obras executadas pola empresa Benigno Álvarez S,.L., actualmente ca denominación de Coviastec S.L, que ven realizando nos últimos 30 anos o 99 % das obras do concello  de O Irixo, examinaron recentemente o expediente da obra sobre “Restauración Poza en área recreativa en Parada de Labiote” executadas pola empresa adxudicataria Coviastec S.L.

 

Revisado dito expediente do ano 2015, os socialistas visitaron as obras fai algunhas semanas e comprobaron como nas obras realizadas, pagadas e recepcionadas polo concello, se pode observar queos residuos de dita obra non foron tratados nin retirados pola empresa adxudicataria, apesares de que no proxecto se contempla una partida para o tratamento de residuos de dita obra.

 

É obrigación do concello, mediante a correspondente dirección técnica, comprobar e fiscalizar que as obras foron acometidas conforme ó proxecto así como as melloras polas que se adxudicou o presente contrato á empresa COVIASTEC S.L..

 

O concello e o seu alcalde recepcionan unha obra e pagan o coste da mesma sen que se cumpra na súa totalidade pois o tratamento de residuos é obrigatorio ademáis de incorrerse nun delito medioambiental do que é responsable non so a empresa adxudicataria senón o propio concello que recepciona e paga unha obra sen rematar, feito que entendemos presuntamente irregular e reprochable moral e penalmente por quen recepciona e paga unhas obras a sabendas do estado das mesmas xerando un perxuízo para o Concello e un beneficio á empresa adxudicataria.

 

Este é un feito máis da falta de interese e de preocupación do Sr. Alcalde e o seu equipo de goberno en velar polos intereses dos veciños e fiscalizar e administrar correctamente o diñeiro dos veciños de O Irixo.

 

Sería suficiente con que algún membro do equipo de goberno se preocupase de visitar as obras antes de proceder o seu pago e a súa recepción, feito éste que, á vista do denunciado, non fixeron, e eso a pesares de que o goberno ten unha nómina  de 4.059,43 euros/mes, por 14 pagas ao ano, o que supón un gasto total para o Concello de 56.832,02 € por tres dedicacións parciais, para non preocuparse por nada.

 

Existe unha clara connivencia entre o Sr. Alcalde e o seu grupo de goberno ca empresa adxudicataria á que non se lle fiscaliza correctamente os seus traballos ó concello ó tempo que presuntamente se lle beneficia…

 

Recordar que xa no pasado mes de outubro de 2015 os socialistas requerimos ó Sr. Alcalde e denunciamos que se pagaran as obras de “Pavimentación vías públicas municipales” adxudicadas a esta mesma empresa sen terse executadas en toda a súa totalidade, obras que se executaron mal despois deste requerimiento e de denuncialo públicamente, fóra de prazo e despois de que o concello recepcionara e abonara ditas obras…

 

Consideramos ademáis os socialistas que nas distintas ofertas presentadas para realizar esta obra de “Restauración Poza en área recreativa en Parada de Labiote”, (que ademáis non se entende o nome da obra, pois non existe tal área recreativa, pois e unha poza de regadío no medio do monte), creemos que había ofertas máis interesantes para o concello e para os veciños que a que presentou Coviastec S.L.

A empresa Construcciones M. Costa Lousado S.L.U presuntamente sería a mellor ou máis interesante oferta para o Concello, segundo entendemos, despois de revisar o expediente de dita obra, presentando a mellora económica máis interesante e máis alta sobre o proxecto, onde destaca entre outras melloras unha beirarrúa de formigón arredor de toda a poza e un cerramento perimetral de seguridade sobre a mesma, que consideramos fundamental e inescusablemente necesario por medidas de seguridade… recordemos que estamos a falar dunha poza de regadío no medio do monte, onde pode caer e afogar calquer persoa, un rapaz, un cazador, etc… non lle foi valorada ningunha mellora estética onde sí se lle valorou a empresa Coviastec S.L.; o técnico no que a mesa de contratación delegou a valoración das ofertas entendeu que Coviastec S.L. tiña unha puntuación de 3,18 puntos e M. Costa Lousado S.L.U. 3,00 puntos (o resto de empresas invitadas ó proceso xunto con Coviastec S.L. xa con moita menos puntuación e incluso unha das empresas que participou, aínda que non foi invitada, presentou alegacions ó proceso).

 

Entendemos que a mesa de contratación ante a interesante oferta da empresa Construcciones M. Costa Lousado S.L.U. fronte a empresa de cabeceira do Sr. Alcalde e o seu goberno, Coviastec S.L, optaron por delegar a decisión nun informe técnico do mesmo profesional que fixo o proxecto da obra, a quen contrata e pago ó mesmo concello por orde do Sr. Alcalde…

 

Magoa, primeiro que non se teña invitado ás propias empresas do Concello de O Irixo, e magoa despois que se pretenda, presuntamente, cun informe técnico seguir adxudicando obras á mesma empresa a sabendas de que quizais outra oferta presentada podería ser a mellor oferta para o interese xeral.

IMG_20151120_163137

IMG_20151120_163208

IMG_20151120_163227

IMG_20151120_163303

IMG_20151120_163712