Moito Conto – Teatro – Auditorio Municipal

Espectáculo familiar «Moito Conto» da compañía Redrum Teatro que terá lugar no Auditorio Municipal do Carballiño, este domingo 15 de Maio ás 12.00 h. 

Trátase dunha adapatación musical de Hansel&Gretel para rapaces a partir de 5 anos que trata de educar e concienciar en valores de respecto do medio ambiente e hábitos alimenticios saudables. 

Está protagonizada polos coñecidos actores Mónica García, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa baixo a dirección do lalinense Alex Sampayo.

moitocontocartel

 

 

Na nosa páxina web podedes acceder a toda a información do espectáculo:

www.redrumproducciones.wix.com/moito_conto