Este Sábado así no lo fixeron saber mediante unha nota de prensa da Agrupación Electoral Veciños de Piñor, por o que abandonan o goberno compartido que mantiñan dende as ultimas eleccións, según o manifesto feito público comunican que o non conseguir resposta as proposicións feitas o Partido Popular, pasan a estar na oposición quedando o Partido Popular gobernando en minoría e abríndo así a posibilidade a unha moción de censura.
Crónicas dunha morte anunciada, xa que os desencontros entre as dúas formacións veñen dandose xa dende pouco despois de iniciarse a lexislatura.
O ALCALDE DE PIÑOR OBSTACULÍZALLE O ACCESO Á INFORMACIÓN ÓS CONCELLEIROS.
Se hai unha constante nestes seis meses que leva á fronte do Concello de Piñor o bipartito conformado polo PP e por VP é a falla de transparencia a a obstaculización do labor de fiscalización e control que nos corresponde ós concelleiros conforme á lei.
Como mostra diso está a negativa do alcalde a facilitarnos as copias do estado de execución do presuposto cando se trata dunha documentación á que tén dereito de acceso calquera cidadán. Trátase dunha documentación esencial para poder saber como xestiona o concello o diñeiro que é de todos, saber o que se vai ingresando e o que se vai gastando e en que. Con este comunicado de prensa achegamos a solicitude das copias, a resposta do alcalde onde nos denega as copias -ás que debería poder acceder calquera cidadán- e nos cita para que vexamos unha documentación, cunha gran cantidade de datos numéricos, case un mes despois de tela solicitado pese a que o concello ten que ter eses documentos dende bastante antes de que fixeramos a solicitude. Tamén se achega o recurso que presentamos diante desa comunicación tan arbitraria ou limitadora dos nosos dereitos.
A iso súmase a negativa a poder consultar os expedientes de altas e baixas do servizo de axuda no fogar, algo que nos vimos na obriga de solicitar despois das continuas queixas que nos fixeron chegar os veciños acerca de concesións a dedo dese servizo. As continuas trabas para poder acceder a outros expedientes, chegando a súa desfachatez ata pretender que lle pedísemos permiso para poder acceder ás dependencias do concello.
Ademais de incumplir a Lei de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno tamén incumplen a súa palabra durante a campaña electoral; prometéronlle os veciños que o concello ía ser transparente e ata crearon unha Concellería da Transparencia, que á vista está, deberían de ir pensando en cambiala de nome. Como se ve non tardaron moito os feitos en desmentir as súas palabras.
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies