Archivo de la categoría: NOTICIAS

Manifestación en O Carballiño – Sábado día 3 – Eu tamen son Emilio Cao

O vindeiro Sábado día 3 terá lugar unha manifestación de apoio  a Emilio Cao victima do acto de pillaxe o que foron sometidos el e 30 persoas máis cando defendían emprego, sanidade e dereitos.

As 12 da maña terá lugar esta protesta para rexeitar a chamada Lei Mordaza e as súas sancións que son cando menos para os salarios españois desmesuradas

ecao

A pista vermella de O Carballiño volta a ser ROXA

A pista roxa lugar referente en O Carballiño. Símbolo de deporte, da xuventude da vila como lugar de encontro, epicentro que deu nome a zona roxa tamen conocida como zona de arriba na marcha carballiñesa volta despois de moito tempo a recuperar esa cor que a caracterizaba. 

Os traballos de pintado da mesma dan un aspecto coidado e xuvenil a unha cancha de baloncesto que xa e un referente na vila. 

CONSTRUCCIÓN DUN NOVO MIRADOR SOBRE O RÍO ARENTEIRO

COMEZA A CONSTRUCCIÓN DUN NOVO MIRADOR SOBRE O RÍO ARENTEIRO NA ZONA DO BALNEARIO

FACILITARÁ O ACCESO PEONIL ENTRE O SENDEIRO E A RÚA DO RÍO AVIA

O Carballiño, 10 de outubro de 2016.- O Paseo do Arenteiro contará a finais deste mes cun novo mirador e acceso peonil entre o sendeiro e a Avenida do Balneario. Estará ubicado no remate da rúa Río Avia, moi preto do Balneario.

Trátase dunha rúa sen saída e cun gran desnivel sobre o sendeiro da ribeira esquerda do Arenteiro, polo que este proxecto, redactado polo arquitecto municipal, cumpre un dobre obxectivo: por un lado, mellorar a seguridade, e por outro, facilitar o acceso entre esta rúa e o paseo do río, ademáis de embelecer o lugar.

Así, a remodelación consiste na construcción dunha praza-mirador, de 2,70 metros de altura sobre o nivel do paseo do río, e de dúas vías de acceso, unha en escaleira pola marxe dereita, e outra en rampa pola marxe esquerda. Tanto a praza-mirador, como a escaleira e a rampa irán recubertas de pedra, e terán unha baranda de ferro. Tamén está prevista a colocación de bancos de forxa e madeira.

Para executar esta obra, que ten un custo global duns 50.000 euros, o concello conta cunha subvención de 40.000 euros da Dirección de Turismo da Xunta de Galicia, segundo un convenio asinado o pasado verán entre o alcalde, Francisco Fumega, e a Directora de Turismo, Nava Castro.

Hoxe realizáronse diversas medicións no lugar do emprazamento deste novo mirador, e as obras comezarán de inmediato, calculándose que poderían estar rematadas a finais deste mes de outubro.

mirador-balneario

Programa de Festas San Cibrao 2016

O Carballiño segue en festas a pesares de que o tempo non deixou iniciar as mesmas sen usar o paraugas hoxe inagurarase o alumeado festeiro e teremos amenizando o día dous pases da orquestra OCA

Mañan Venres día de charangas, banda de música Lira de Ribadavia e cara a noite as Orquestras Satélites e Galileo

O Sábado actuarán a Orquestra Claxon e o grupo Wiskhy Barato

O Domingo estará amenizado por a Orquestra Panorama

O Luns vindeiro día das celebracións patronais actuaran Susie Q’s e Gin Toni’s

diptico-b

diptico-a

Cuando dos vehiculos coinciden al mismo tiempo en el mismo espacio. 

Es fue lo que ocurrió en la calle de A Carreira de O Carballiño a la altura del conocido bar Casablanca. 

Uno de los vehículos circulaba por esta calle y coincidió con otro vehículo que salía de la Rúa Xoán de León. Una falta de entendimiento en la preferencia del paso y todo apunta a un exceso de velocidad por parte de uno de los conductores culminó con un aparatoso accidente en el que no hay que lamentar heridos de gravedad. Los vehículos quedaron seriamente dañados y los restos de ellos esparcidos a lo largo de más de una decena de metros por la calzada. 

img_8495-3

img_8500-4

img_8499-2

img_8504