Archivo de la categoría: carballiño

Carballiño de moda nas redes sociais

Estes días estamos a ver a vila de O Carballiño máis activa que de costume nas redes sociais, tanto no facebook como no twitter, así como nalgúns foros da rede de redes. A causa non e outra que a novidosa idea dalgún «empresario» da hostalería que decidiu pórlle prezo o aire, así se algún veciño ou turista desta vila ten a ocasión de sentarse na terraza do local e non toma nada pois «espétanlle» na factura simplificada (o que en tempos foron os tickets) 1€, pero non por uso de cadeira ou mesa, se non por non consumir nada. Esta novidade non se sabe se ten por finalidade fomentar o consumo ou facturar un «NADA», igual queren facer cartos da nada. Habería que ver se o prezo esta no taboleiro oficial, se hai un tempo mínimo e máximo ou se cobran por minutos como se dun parking se tratara. De calquera xeito se quería publicidade xa a conseguiu agora falta por ver se e boa ou mala.

ticket

.

 

 

Pecha o servizo do GRUMIR en O Carballiño

unnamed
Dende onte este e o aspecto que teñen as dependencias de protección civil en Carballiño, o GRUMIR (Grupo municipal de intervención rápida) xa non está a funcionar, nestes momentos calquera emerxencia que puidera ocorrer tería dificultades para ser atendida rapidamente, xa que dependería da presentación de voluntarios que poden estar en calquer lugar e poden estar ou non dispoñibles.

Os traballadores están desde o día 31 de Decembro sen contrato o que provocou que a día 20 de Xaneiro se deixase de facer as guardias habituais de 24 horas. O responsable da agrupación Juan Miguez, comentaba que e difícil calcular o tempo de resposta que se perderá nesta nova situación, pero o que si e certo e que nas emerxencias ese tempo sempre e vital, máis si cabe nestes momentos de meteoroloxía adversa donde o Luns a maña atopabamos varios coches accidentados con motivo do xeo nas inmediacións da biblioteca municipal.

Manuel Blanco presenta o seu traballo «A miña pequena Mercería»

Manuel Blanco, tamen conocido na vila como «Manolo Celta», ven de inagurar na Casa da Xuventude de Chantada parte da sua obra, dentro do Outono Fotográfico esta exposición que el titula «A miña pequena mercería» na que retrata obxetos que a cotiá nos pasan a diario por diante nosa, pero non nos percatamos.

Compre destacar que dita mercería con una longa historia no comercio de O Carballiño ven de pechar as suas portas fai uns poucos días.  Máis info….

Ver Entrevista

Seguir leyendo Manuel Blanco presenta o seu traballo «A miña pequena Mercería»

O Carballiño serguirá sen Orzamentos

Pese a todas a promesas e anuncios feitos por o señor Alcalde Arximiro Marnotes de que ia presentar os presupostos, finalmente vai rematar por segundo ano consecutivo sen ser capaz de presentalos, xa que de presentalos a corporación non tería problema para sacalos adiante dado que gozan dunha maioría absoluta.
Cabe recordar que son os presupostos do ano 2012 prorrogados no longo do tempo.
Dende o grupo municipal do PSdeG, manifestan: «o alcalde demostra unha vez máis que a súa palabra non vale nada porque anunciou moitas veces que ía presentalos» tamén comentaba Francisco Fumega, voceiro deste grupo que, «o inaudito é que un goberno con maioría absoluta en catro anos non sexa capaz de aprobar uns orzamentos, o que ven a demostrar a súa incapacidade»
Dende o BNG nos comentaban que para que quere o alcalde presupostos se non está a investir nada no pobo, que según eles se atopa «paralizado»