Carballiño de moda nas redes sociais

Estes días estamos a ver a vila de O Carballiño máis activa que de costume nas redes sociais, tanto no facebook como no twitter, así como nalgúns foros da rede de redes. A causa non e outra que a novidosa idea dalgún “empresario” da hostalería que decidiu pórlle prezo o aire, así se algún veciño ou turista desta vila ten a ocasión de sentarse na terraza do local e non toma nada pois “espétanlle” na factura simplificada (o que en tempos foron os tickets) 1€, pero non por uso de cadeira ou mesa, se non por non consumir nada. Esta novidade non se sabe se ten por finalidade fomentar o consumo ou facturar un “NADA”, igual queren facer cartos da nada. Habería que ver se o prezo esta no taboleiro oficial, se hai un tempo mínimo e máximo ou se cobran por minutos como se dun parking se tratara. De calquera xeito se quería publicidade xa a conseguiu agora falta por ver se e boa ou mala.

ticket

.

 

 

Un pensamiento en “Carballiño de moda nas redes sociais”

  1. Según comenta a xerencia do local, o parecer non e certo, e simplemente e unha broma dun cliente.

Los comentarios están cerrados.