A NOVA TEMPADA DA RUTA DAS TAPAS COMEZARÁ A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE NOVEMBRO COS COGUMELOS E CASTAÑAS COMO PROTAGONISTAS

A nova tempada da Ruta das Tapas que deseñan a concellería de Turismo e o sector hostaleiro, terá algunhas novidades con respecto ás anteriores. Así, celebraranse dúas rutas cada mes, coincidindo coa primeira e penúltima semana. A primeira ruta comezará na primeira fin de semana de novembro, que estará adicada aos cogumelos e ás castañas.
Outra novidade será o número de mesóns, bares e establecementos hostaleiros participantes. Así, ainda está aberto o prazo para poder adherirse, inscritos é de 22.
Asemade, increméntase a cuantía e o número de premios que se entregarán ao remate da tempada. Isto é posible polo aumento dos patrocinadores que nesta edición 2016-2017 serán: Concello do Carballiño, Extramundi, Centro Comercial Aberto e a colaboración de Aspadisi, que se encargará do reparto de carteis promocionais. Con respecto á tempada pasada, incorpórase como patrocinador o CCA. En total, haberá 2.000 euros en premios, que serán aportados polo concello (1.000), Extramundi (500) e CCA (500). Esta entidade tamén se encargará da edición da cartelería.
Finalmente, co obxectivo de mellorar a calidade dos pinchos que se ofrezan en cada ruta nos distintos establecementos hostaleiros, incrementarase o prezo dos mesmos, que pasarán a costar 2 euros.
Todas estas novidades serán presentadas ao remate do período de inscrición e antes do comezo da primeira ruta.