Archivo de la categoría: Sin categoría

Inauguracion “Galicia e Galegos” exposición conxunta de O Potiños para o Outono Fotográfico

“GALICIA E GALEGOS” é a exposición colectiva que presenta a Asociación Fotográfica O Potiños de O Carballiño para o Outono Fotográfico 2014.

Na percura da identidade escarvamos nas nosas raíces:

cos pes descalzos arredor dunha vieira sentimos a alma fonda da Galicia milenaria que late na pedra espida da Praza do Obradoiro, meta do Camiño de Santiago e corazón da Terra Galega;

o lume da lareira mergúllanos no sangue dos nosos devanceiros; avós e netos xunguidos polo fío da vida no latexo do silencio;

una vella camiña firme e decidida cara o souto, onde a agardan as castañas eternas;

una moza loira toca a gaita nas ruínas dun mosteiro, escóitase o son das meigas;

una rapaciña nova voa polo Castro de San Cibrán de Lás;

un neno mira, una moza voa nas Illas Cíes;

duas neniñas aprenden a ser peliqueiras;

una muller pasa as contas dos recordos nun recanto da súa horta, mentres outra está fiando;

o mar, a terra, e no medio una muller: a marisqueira;

e no interior aparecen os labregos, segando a herba, ou arando as leiras;

festas, feiras, romerías… música, entroido, … e como paisaxe de fondo sempre o verde, o paraugas , a luz pelexando coa néboa pecha.

E topamos tamén a alteridade: nos milleiros de peregrinos que camiñan cara Compostela, e tamén dentro de nos mesmos, nesa parte nosa interior que descoñecemos e que moitas veces nos sorprende.

Atopamos esa foto creada pola luz, esa imaxe que nos devolve o espello …

Pero aínda nos quedan moitas cousas fora do encuadre: a Galicia industrial, moderna, urbana, tecnolóxica …
Quedan cousas para facer mil exposicións máis. Pero, de momento, esta é a nosa proposta: Galicia e galegos, identidade e alteridade, luces e sombras, maxia e misterio …

O Carballiño acolle a segunda proba de Enduro Extremo

O vindeiro fin de semana o Clube Msego Extremo celebra segunda edición do Enduro Extremo, no cal hai xa máis de noventa inscritos para participar na proba. Ademais dos pilotos locais de O Carballiño, estarán presentes grandes pilotos tanto de España como de Europa. Hai que destacar a grande importancia desta proba que é a segunda no ranking nacional.

A proba dará comezo o Sábado 27 as 17:30 desde Pena Cobertoira con una etapa prólogo, o parque pechado será pan Praza Maior as 22:00 horas. O domingo terá lugar a carreira de enduro, serán 17 km de autentico espectáculo.


El lider del PPdeG se va.

El líder del ejecutivo Gallego y presidente de la Xunta de Galicia, de marcha a hacer campaña por España adelante, no se sabe si es por el desfile que hacen hoy los populares del Concello de santiago por el juzgado, donde siete concejales van a declarar hoy o por la escasa asistencia en sus intervenciones en el territorio gallego donde en muchos casos destacaban las butacas vacías.

Sea como sea, el señor Nuñez Feijoó, se va en plena campaña, se va a promocionarse y darse a conocer por Barcelona, Huelva, Sevilla o Bilbao, son algunos de los destinos de este pupilo de Fraga seguramente con intención de afianzar su posición en el PP nacional y asegurarse algo en Madrid quizás para un futuro.


O Potiños – Pon unha foto na rúa

A Asociación Fotográfica O Potiños sumase a esta iniciativa mundial e convídavos a todos a participar o próximo domingo dia 18 de maio a traer as vosas fotos a praza mayor, a partir das 10am. Calqueira pode poñer unha foto e calqueira pode contemplala. Sexa unha forma de expresión, unha iniciativa participativa, unha forma de crear arte ou o que ti queiras, o caso e encher a nosa praza de fotografía!!!

Máís información na web de potiños.