Visita teatralizada ao Castro de San Cibrao de Las

O domingo, día 17 de maio, no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, Lasnbrica, terá lugar unha visita teatralizada ao castro de San Cibrao de Las.

TEATRO_17_MAIO_PACC

Os encargados da posta en escena son Teatro do Miolo, cos que os asistentes viaxarán á Idade de Ferro a través da peculiar historia de amor entre Nabia, castrexa forte e aguerrida, e Caius Maximos, un romano moi enamorado pero pouco bravo. Aceptará o gran xefe Reburrino que a súa filla case cun romano?

A hora de comenzo do evento é ás 18:00 horas. 

Máis información en 988-267.285 e en info@pacc.es.

O PSdeG de O Carballiño presenta o programa con unha presentación multimedia

O Partido Socialista do Carballiño rompe moldes e inicia a campaña con unha presentación do programa de forma audiovisual con unha proxección na rua. Deste xeito queren chegar os veciños do pobo e mostralle que é un programa para o pobo e para as persoas.